Os de Sempre na estación de San Isidro
Sanos e salvos regresamos este ano da excursións que a Asociación Xuvenil fixo a Soto de Agues (Asturias), despois de esquiar nas pistas de San Isidro (na pista de aprendizaxe) e despois de esquiar tamen en Valgrande-Pajares. Algúns dos mais novos xa sabían esquiar pero a maioría non tíñamos nin idea, e decirvos, que a experiencia foi do mais excitante, emocionante e divertida. O albergue en Soto de Agues, donde nos aloxábamos podemos decir que estaba correcto, non era o de Somiedo, Cantabria, Sotres ou Serrilla pero bueno isto era o de menos. Dirixía o albergue unha arxentina chamada Nora moi simpática e divertida que disfrutaba coas nosas actuacións e a nosas queimadas, tamen disfrutaron das nosas actuación unha parella de vascos que se aloxaban con nós no albergue, seguramente non debían de disfrutar o mesmo cando polas noites chegábamos medios bebidos a habitación e algúns se lle daba por facer graciosadas, pero bueno non nos portamos mal de todo, polo xeral a estancia foi moi divertida sobretodo despois de enterarnos de algunhas movidas. Como sempre actuaron Os de Sempre, e como sempre se queixou o veciño do lado do albergue. Na ultima noite tíñamos un puñado de publico do pobo que veña expresamente a ver as nosas actuacións e a probar a queimada, destacaba un pequeno rapaz que bailaba con moito sentimento cando sonaban as gaitas, despois xunto con outro home cantáronnos cancións asturianas. Antes de irnos deitar sempre visitabamos outro bar que habia a uns 200 metros do albergue, alí coñecemos a todo un personaxe que nos deleitaba co as suas anécdotas dos anos vividos nos Balcáns, ou o seu traballo como traductor, neste bar atendíanos unha camareira moi parecida a Rafaella Carrá, ela nos contou as historias sobre o albergue donde nos aloxábamos, non sei non sei, pero habia algun rollito raro. Como sempre realizamos tamén a clasica ruta de senderismo, a Ruta del Alba, posiblemente foi unha das mais bonitas, facilmente camiñable e sin moito desnivel, sin ser no ultimo tramo que estaba cheo de auga por culpa do deshielo, pero resultou moi agradable ir camiñando a caron dun río onde baixaban as suas augas saltando de roca en roca, golpeando con forza nas rochas, preciosa. Bueno non vos contámos mais, quedades coas fotos e videos para que vexades o que foi.
Comendo no restaurante na estación de San Isidro (Leon)
Videos de varias caidas podedes ver por orden a Javi, Juli, Silvia, Josiño, Diana que é a unica que non cae, Jorgito, Chusquito e David
O Fary dominando a situación
Oscar e Martin en lancheta na estación de Valgrande-Pajares
Primeiros pasos, o fondo Cristina patas arriba.
Las hermanas Monteiro
Alberto e Javi foron os nosos monitores de aprendizaxe.
Chusquito preparado para a baixada.
Albergue donde estabamos aloxados.
Actuación do Os de Sempre no interior do Albergue, a caron de Martin a parella de Vascos que se aloxaban con nos no albergue
O señor Jusé con nariz de Keteke repartidas pola Asociación
Chicas moi chuletas, posando despois das costilletas
Decidindo a donde vamos de movida.
Dous melenas no bar de Rafaella
Xogando a la Abuelita a primeira noite no bar de Rafaella.
Tacho & Garfunkel
Chusquito's Show
Regresando o albergue despois de unhas cantas copas
Menuda jarolada estaba contando Nuria
Curiosidades de la madre naturaleza, el arbol trabarramas
Nuria mollando os pés
Fani acojonada pasando pola ponte.
Esperando que las hermanas Monteiro caian na auga, axudadas por un voluntario que nos ofreceu o concello de Salceda de Caselas para realizar a ruta
.
1 comentario:
Esperamos mais videos e fotos sobretodo cando estuvemos esquiando, oistedes, isto vai por Juan, Andres e Javi Tacho, que sei que teñen moitas fotos e videos.
Publicar un comentario