Seguimos e continuamos intentándovos explicar e achegar un pouco de este pique do entroido de Salceda de Caselas.
Como xa vos contamos na anterior entrada, o entroido de Salceda celebrase en dous Barrios da parroquia de Santa Maria de Salceda: O barrio da Feira e Castro Barreiro, nestes barrios realizanse unhas carrozas e comparsas que desfilan os martes de entroido desde cada barrio ata a plaza do concello aproximadamente 2km de percorrido nos cales estas carrozas e comparsas son seguidas por moita xente, donde as musicas e as comparsas non paran de tocar e bailar. O chegar a praza do concello desde cada carroza, primeiro un barrio e despois o outro, alternando cada ano, realizan un discurso sobre o tema exposto na sua carroza burlandose do barrio contrincante, recurrindo moitas veces o insulto e os tradicionais motes, motes que xa todo o mundo coñece e o relaciona co persoñaxe, esto todo discurre o martes de entroido, antigamente, estes dous barrios desfilaban o Domingo de Entroido, pero esto causaba grandes problemas nas xentes das comparsas, pois de tanto baile no Domingo moitos traxes se descosían co cal tiñan que amañalos para estar listos e lucidos para o martes, finalmente decidiuse reducir o desfile tan só o martes, considerado como festivo local en Salceda, na actualizade desde fai uns anos o domingo desfilan tamen as carrozas e comparsas de outras parroquias e barrios Salceda ou mesmo de outros concellos que participan asi no concurso organizado polo concello de Salceda loitando por un premio en metalico, aclarar que o noso entroido o da Feira e o Barreiro non loitan por ningun tipo de premio, o unico premio é o recoñecemento e a valoración por parte do publico.
A parte do desfile do Martes, están as verbenas, que se celebra a noite do Luns e a noite do Martes. Esta e outra caracteristica deste carnaval de Salceda pois en este dous dias xuntanse en Salceda as mellores orquestras que se poden atopar en Galicia. Tanto nun barrio como no outro queren ter as mellores orquestras, e puxan por levar para o seus barrios as mellores, estas contractación levanse en secreto e tan só a comision de festa saben das orquetras que se contractan, pero o curioso e que estas orquetras non se anuncian nos pasquin das festas ata o xoves ou venres do entroido, e decir, escasos 4 días antes das festas, así evítase que o outro barrio contracte outra orquestra mellor, ou algunha atuación de ultima hora. Os pasquins que anuncian as festas colocanse o xoves ou o venres e producese unha carreira e unha loita por colocalos no mellor sitio posible e no lugar mais vistoso, Salceda desperta o sabado pola mañá cos seus escaparates empapelados cos pasquin da festas, estes pasquin a parte de anunciar as orquestras, tamen mostrar unhas rimas que nós lle chamamos chistes dedicados as xentes do outro barrio sobre alguna torpeza que realizou durante o ano, aparecen asi os motes tipicos como MALETIN, LOCO FOUZAÑAS, A MOTORETA, PARVOVIROSA, ROSI DE PALMA, O PLUTO, O POLLITO EXPLOSIVO, O CARCABELIÑAS, O CENICIENTA O OURELLUDO ENCADENADO, O PIJO PALOTE, O CABEZUDIÑO, estes son alguns dos motes que vos podedes atopar nos pasquins.
As verbenas distan unha da outra de 100 metros e moitas veces os altavoces dunha festa escoitanse con forza na outra, as verbenas están moi concurridas de publico que duran ata altas horas da madrugada, sobretodo a verbena do luns donde a maioria da xente se disfraza e van de unha festa para outra organizandose un gran ambiente polo camiño, e sobretodo mota diversión e moitas borracheiras. O rematar as verbenas o Luns e o Martes,a la polas 5 da mañan, da lugar o falar polos altavoces, que consiste en que a xente do barrio colle o microfono da megafonia e poñense a berrar cousas moitan veces intendibles contra o outro barrio e comenza asi un pique que remata coas gorxa rotas dos falante, escoitanse cousas como EI CASTRIÑO, ESES CANECOS, CASTRO BARREIRO CARA DE CARNEIRO, ou FEIRA PICA CARA DE MICA, estas rimas son míticas.
Durante un mes, anterior o martes de entroido vaise realizando as carrozas, cosendo a roupa e ensaiando as xentes para o desfile, sempre durante a noite e sempre en secreto, as carrozas realizanse en galpóns construidos especificamente para albergar as carrozas e o material que se utiliza nelas, o traballo de construción da carroza e levado a cabo polos homes do barrio e a roupa do desfile polas mulleres. Moitas veces mentres uns traballan na contrución da carroza, outros dedicanse a espiar o outro barrio producindose momentos de emoción e gran tensión pois, para realizar dito espionaxe aqui ir por veigas, campos, saltar muros e charcos para non ser descubertos e despois chegados o lugar donde se construe a carroza do enimigo, estar en sumo silencio e intertar ollar ou escoitar algo. Como case sempre o intento e inútil, no momento de retirada par facer rabiar os contrincantes tíraselle un petardo ou unha pedra nas chapas que cubren o galpón e rapidamente votase a correr para o teu barrio, mentras miras de reollo como salen os teus contricantes todos apresurados fora do galpon exclamando. Xa non e a primeira vez que se atrapan a estas espias, e se lle da unha labazada, ou se encerran nuha corte con algun animal toda noite, ou se lle castiga con algun traballo a realizar. Estes momentos de espionaxe producense moitisimas anecdotas e historias divertidísimas, que quizá sexa o mais divertido destas festas do entroido de Salceda xunto coa festa do Luns, porque o día do Martes todo é nervios e tensión.
Mais fotos do entroido de Salceda, fotos do barrio da Feira e do Castro Barreiro tamen, que nos os da Feira somos bastante respetuosos e mostramos as carrozas e comparsas neste blog para que todos poidades ver e comparar, non como na paxina do castriño que se ignora as carrozas e comparsas da Feira, quiza por medo a quedar en ridículo.
COMPARSA DA FEIRA ANO 1972
COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1974
CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1974
COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1975
ALADINO
COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1975
CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1976
PRIMAVERA
COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1976
CARROZA DA FEIRA 1977
CARROZA CASTRO BARREIRO 1977
CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1978
COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1978
CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1979
CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1979
A FEIRA 1980
PAVOS REAIS
CASTRO BARREIRO 1980
CASA GRANDE DA PICOÑA
A FEIRA 1981
A CIBELES
CARROZA DO BARREIRO 1981
Este ano concidiron os dous barrios representando a Cibeles, foi espionaxe
A FEIRA 1982
BEN-HUR
CARROZA DE CASTRO-BARREIRO 1982
CARROZA DA FEIRA 1983
CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1983
CARROZA DA FEIRA 1984
BATALLA DE PONTESAMPAIO
CARROZA CASTRO BARREIRO 1984
CARROZA DA FEIRA 1985
CASA LABREGA GALEGA
CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1985
CARROZA DA FEIRA 1986
II GUERRA MUNDIAL
CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1986
CARROZA DA FEIRA 1987
SEVILLA
CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1987
CARROZA DA FEIRA 1988
ILLA DE SAN SIMON
CARROZA DO BARREIRO 1988
AUDITORIO
CARROZA DA FEIRA 1989
BAIONA OU PROCESION DA VIRXE DA ROCA
CARROZA DO BARREIRO 1989
CARROZA DA FEIRA 1990
AS OLIMPIADAS DE BARCELONA 92
ESPETACULAR COMPARSA QUE ROMPEU ASÍ COS ANTIGUOS MOLDES DE IR VESTIDOS TODOS IGUAIS
CARROZA DO BARREIRO
BARCELONA 92, outra coincidencia ou expionaxe
CARROZA DA FEIRA 1991
O OESTE AMERICANO
CARROZA DO BARREIRO 1991
CARROZA DA FEIRA 1992
A FEIRA NATURALMENTE
CARROZA DO BARREIRO 1992
A EXPO DE SEVILLA
CARROZA DA FEIRA 1993
O TERROR
CARROZA DO BARREIRO 1993
TRANQUILO COMANDANTE
CARROZA DA FEIRA 1994
O MUNDO DA TELEVISIÓN
CARROZA DO BARREIRO 1994
DINOSAURIO
CARROZA DA FEIRA 1995
OS INSECTOS
CARROZA DO BARREIRO 1995
A POLITICA CORRUPTA
CARROZA DA FEIRA 1996
O FUTBOL GALEGO
CARROZA DE BARREIRO 1996
CARROZA DA FEIRA 1997
FANTASÍA
CARROZA DO BARREIRO 1997
CARROZA DA FEIRA 1998
O MUNDO SUBMARINO
CARROZA DO BARREIRO 1998
A CUOTA LACTEA
CARROZA DA FEIRA 1999
DISNEY
CARROZA DO BARREIRO 1999
O EURO E A PESETA
CARROZA DA FEIRA 2000
2000 DEFECTOS
CARROZA DO BAREIRO 2000
CHINA
CARROZA DA FEIRA 2001
AFRICA
CARROZA DO BARREIRO 2001
TAMARA
CARROZA DA FEIRA 2002
OS VIKINGOS
CARROZA DO BARREIRO 2002
CARROZA DA FEIRA 2003
OS CATRO ELEMENTOS
CARROZA DO BARREIRO 2003
CARROZA DA FEIRA 2004
A INDIA
CARROZA DO BARREIRO 2004
CARROZA DA FEIRA 2005
V CENTENARIO DON QUIXOTE
Representacion-parodia dos da Feira da Carroza do Barreiro, funcionou o servicio secreto de espionaxe.
CARROZA DO BARREIRO 2005
O CIRCO
CARROZA DA FEIRA 2006
EXIPTO
CARROZA DO BARREIRO 2006
A VOLTA O MUNDO
CARROZA DA FEIRA 2007
A CORRUPCIÓN URBANISTICA
CARROZA DO BARREIRO 2007
CARROZA DA FEIRA 2008
O CARNET POR PUNTOS
CARROZA DO BARREIRO 2008
VISTO PARA SENTENCIA A FEIRA NON TEN COMPETENCIA