
Segun un estudio publicado por CAIXAGALICIA, reflexado no libro TEMPOS DE FESTA EN GALICIA, en Galicia hai mais de 8.000 festas anuais (Gastronomicas, Relixiosas, Paganas..) liderando esta categoria a nivel europeo. Si dividimos 8.000 festas entre os 315 concellos de Galicia saenos 25 festas aprox., de esas 25 festas a metade son festas relixiosas ou romerias, e decir 13 relixiosas, 5 son feiras ou mercados, 2 etnograficas-culturais e 5 son gastronomicas, e decir 5 por 315 concellos temos nada mais e nada menos que 1575 Festa Gastronomicas en total, sempre falando dunha media, haberá concellos con mais e outros con menos. Está claro que non todas teñen a mesma sona e afinidade, nin son ampliamente coñecidas, pois fozando en internet atoparedes listados donde non coinciden uns cos outros, onde aparecen unhas e non aparecen outras, e tamen hai que ter en conta que cada ano se crean novas festas.
As festas Gastronomicas en Galicia están claramente diferenciadas tanto xeograficamente como temporalmente. Xeograficamente claro está, as poboación proximas o mar celebran a suas festas realicionadas cos productos que dá o mar, ( Festa da Ostra, Do mexilon, Do percebe, Da Langosta, Do Berbecho, Do Marisco, Da Sardiña, Do Xurelo, Do Bonito, Da Solla,.....) e case sempre estas festas celebranse na temporada do veran (de Maio a Outubro). Por otro lado estan as terras do interior de Galicia donde o porco e gran maestro de ceremonias ( A festa do Cocido, a festa do Porco , a da Cacheira do Porco, a do chourizo, a do Xamón, a do Lacón, do Codillo, a do Butelo, a da Ourella, a do Churrasco, a do porco Cebado....) con calquera parte do porco se aproveita para celebrar unha festa,... é que o galego gusto moito do porco, tamen hai festa de outros animais como o cabrito, carneiro, o xabarin, o boi, a vaca, animais de caza... estas festas celebranse mais no inverno, sobretodo proximos as Festas do Entroido ou do San Martiño. E despois dos pratos principais tamen celebramos en Galicia festas gastronómicas dedicadas os postres, as froitas, hortalizas, etc....e aqui tamen temos tela ( A festa da Filloa, da Nabiza, da castaña, do Magosto, do Cogumelo, da mel , do Queixo, da Cereixa, do Melindre, da Rosquilla, do Pemento, da Pataca..........E que comentarvos das Festas do viño que se celebran en Galicia. So temos 5 denominación de Orixen (O Ribeiro, Valdeorras, Rias Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei) pero festas......a moreas, por nominarvos algunhas: a Festa do Viño do Condado, Festa do Viño de Rubiós, Do viño novo en Arantei, Festa do viño do Rosal, a do Ribeiro en Ribadavia, a Festa do Albariño en Cambados, Festa do viño de Amandi Da Ribeira Sacra en Sober, Festa do Viño de Valdeorras, Do viño Tinto de Barrantes, Festa do viño de Betanzos, Festa do viño do Ulla,.... etc, etc, etc .....bueno, pero si non nos chega co viño, despois temos as festas do Augardente y derivados, Festa do Augardente en Sela(Arbo), Festas da Augardente do Ulla, Festa do Augardente de Valga, Festa do Augardente de Portomarin, Festa do Augardente de Campo Lameiro, Festa da Queimada en Cervo e tamen en Riós, Do licor Cafe en Leiro, de Sopas de Burro Canso en Muiños....etc,etc,etc

.